POLÍTICA DE PRIVACIDADE: O RUEIRO
Última actualización: Outubro de 2026
A presente Política de Privacidade establece os termos en que O Rueiro (en diante, o “Medio”), un medio dixital de proximidade desenvolvido no marco da materia Xornalismo de Proximidade do Grao en Xornalismo e do Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para o curso académico 2026-2027, usa e protexe a información que é proporcionada polos seus usuarios no momento de utilizar este sitio web.
- RESPONSABLE DO TRATAMENTO DOS DATOS
Contacto de protección de datos: orueiroficial@gmail.com
Denominación: Proxecto académico “O Rueiro” (Materia: Xornalismo de Proximidade).
Titularidade: Estudantado do Grao en Xornalismo e do Dobre Grao en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual baixo a coordinación da profesora da materia de Xornalismo de proximidade, María Cruz Negreira Rey
Institución: Facultade de Ciencias da Comunicación – Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Enderezo: Avda. Castelao, s/n, Campus Norte, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña.
